00:00
0%
1/1
INTERACTIVO
navegar
G vista global
P presentador
seguinte →
00:00
CEIP de Présaras · Vilasantar · 2025

Consistencia

Patios DINS

Dinámicos · Inclusivos · Sostibles

Construír xuntos o espazo que merecen as nenas e nenos

Diego Fraga · Maestro de Educación Física

Unha vez que alguén fai unha elección, adopta unha postura ou realiza unha acción, encontrará unha presión interpersoal para comportarse de maneira coherente co que dixo ou fixo anteriormente.
— Robert Cialdini
O formador

Quen son e como traballo?

Guía / mediador

Maestro de primaria especialista en EF. Facilito o aprendizaxe en lugar de transmitir información de xeito directo.

Enfoque DUA 3.0

Deseño Universal para a Aprendizaxe (versión 3.0): múltiples formas de representar, expresar e motivar ao alumnado.

Aprendizaxe activa

Plantexo problemas para que pensen, busquen, seleccionen e procesen información de xeito autónomo.

Hábitos saudables

Intelixencia emocional, estilos de vida activos e entornos que invitan ao movemento e ao benestar.

Momento interactivo 1 de 3

Que lembrades do voso patio de recreo cando erades nenas e nenos?
E se volvemos á nosa infancia?

Preme Enter ou o botón · as ideas quedan visibles para o grupo

Marco conceptual

Todos nos autoenganamos

O autoengano protéxenos dalgunha inseguridade, pero impide cambiar ou chegar á realidade que nos gustaría percibir. Combátese actualizando crenzas acerca dun mesmo e dos demais.

Protéxenos de inseguridades
Impide chegar á realidade que desexamos
Combátese actualizando crenzas
Reflexión

E se volvemos á nosa infancia?

Recordar os pensamentos que tiñamos de nenos, conectalos coa nosa visión adulta e comprender que precisa cada nena e neno hoxe é o punto de partida para transformar o patio.

Credes que sería a solución volver á nosa infancia?

NON — xa que somos diversos e temos intereses que non coinciden. Cada persoa viviu unha infancia diferente.

🍐
A metáfora da froita
UN NENO CON AUTISMO EXPLICA A DIVERSIDADE
🍎
Os demais
son mazás
🍐
El
é unha pera

Non somos todos iguais. O patio debe ter cabida para todas as froitas.

Psicoloxía educativa

Disonancia cognitiva

Leon Festinger (1957) describiu a tensión que xorde cando a evidencia, as crenzas e as accións non son consistentes entre si, xerando incomodidade psicolóxica.

🚬 Fumadora
Sabe que é malo pero segue fumando. Xustifica: "non é para tanto"
👩‍🏫 Docente
Quere motivar pero está esgotada. Di: "co que temos non se pode"
🏫 Centro
Fala de inclusión pero ten un patio de asfalto baleiro
A felicidade alcánzase cando o que un pensa, o que un di e o que un fai están en armonía.
— Mahatma Gandhi
O caso do patio

Sabemos que o xogo é fundamental… e non actuamos

Crenza

O xogo é fundamental para o desenvolvemento físico, emocional e social de nenas e nenos.

Comportamento real

Deixamos aos nenos no patio sen propostas, sen materiais, sen zonas diferenciadas.

Incomodidade

Xeramos disonancia: o que dicimos non coincide co que facemos.

Xustificacións

"Os nenos deben aprender a xogar sos." · "Non temos tempo para organizar." · "Limitamos a creatividade."

A brúxula

Consistencia

Que teña sentido o que facemos co que pensamos.

Esta será a pregunta que nos acompañará en cada bloque.

Programa da sesión

Entón… que facemos? Isto é o que imos ver

01 · Espazos intelixentes

O contorno como terceiro mestre

02 · Promoción da saúde

Contexto e novo paradigma educativo

03 · O tempo de lecer

Recreo como espazo de aprendizaxe

04 · Patios DINS

Dinámicos · Inclusivos · Sostibles

05 · Zonas do patio

Tranquila · Semi-activa · Activa · Información

06 · Actividades e xogos

Deportes alternativos · Xogos tradicionais · Arte

07 · Traballo por proxectos

PDI · Dena Activa · Patios DINS 2025

08 · Parte práctica

DAFO · Deseño de zonas · Avaliación

Bloque 01

Contexto e Saúde

O contorno como terceiro mestre · Promoción da saúde · Normativa

Espazos intelixentes

O contorno como terceiro mestre

Peter Barrett (Clever Classrooms, 2015) demostrou que o deseño do espazo educativo pode aumentar ata un 25% o rendemento escolar.

Ser conscientes

Do papel que xoga o espazo no aprendizaxe. O entorno non é neutral: ensina, motiva ou bloquea.

Deseñar intelixentemente

Espazos educativos funcionais: aulas, aseos, corredores, recepción, sala de mestras, patios

25%
Aumento do rendemento con espazos ben deseñados
(Barrett, 2015)
80%
Do alumnado fai a súa AF exclusivamente no centro
(Eurydice, 2013)
90%
Do tempo escolar en inactividade física
(Hernández et al., 2010)
Promoción da saúde

Que entendemos por saúde?

"Estado de completo benestar físico, mental e social e non só a ausencia de afeccións ou enfermidades" — OMS

Factores que determinan a saúde

  • Biolóxicos
  • Ambientais: físicos, químicos, psicosociais
  • Estilos de vida: actividade física moderada…
  • Sistema asistencial (modelo Lalonde)

EPRS — Escola Promotora de Saúde

Escola que fortalece constantemente a súa capacidade como un contorno saudable para vivir, aprender e traballar (OMS e UNESCO).

Riscos obxectivos

Lesións por malas prácticas, material inadecuado, espazos perigosos…

Riscos subxectivos

Baixa autoestima, medo, ansiedade, exclusión social no recreo…

Nova paradigma na educación

Promoción da saúde no centro educativo

🌍

Saúde global

Benestar físico, mental e social. Non só a ausencia de enfermidade.

🏫

Escola saudable

Contorno que fortalece a capacidade de vivir, aprender e traballar.

🎯

Promoción activa

Prevención, hábitos e estilos de vida saudables no día a día escolar.

📋
Artigo 15 · Orde do 26 de maio
Os centros docentes deberán incluír un plan de actividades físicas e hábitos saudables, que terá por finalidade a práctica diaria de deporte e exercicio físico durante a xornada escolar.
Normativa · Real Decreto 132/2010

Requisitos mínimos dos espazos escolares

Uso escolar

Edificios con condicións de habitabilidade e seguridade.

Seguridade

Estrutural, en caso de incendio, de uso, salubridade e aforro.

Ventilación

Iluminación natural e directa do exterior en todas as dependencias.

Accesibilidade

Supresión de barreiras arquitectónicas para persoas con discapacidade.

Sala polivalente

Mínimo 30 m² para usos múltiples e actividade física.

Patio de xogos

Patio exclusivo mín. 150 m² para 6 unidades, con horario diferenciado por etapas.

Seguridade nas zonas de xogo

Marco lexislativo de protección

1

Constitución Española

Art. 39.4: os nenos gozarán da protección prevista nos acordos internacionais que velan polos seus dereitos.

2

Defensor do Pobo

Informe sobre "Seguridade e prevención de accidentes das áreas de xogos infantís".

3

Lei 1/1996 de Protección do Menor

As administracións deberán ter en conta as necesidades do menor en todos os espazos.

4

Nacións Unidas · Art. 31

Convención sobre os Dereitos do Neno: dereito ao descanso, esparcemento e xogo.

Dinámica · Mito ou Realidade?

4 afirmacións sobre o recreo.
Levantade a man: mito ou realidade? Despois premede para revelar.

01

"Os nenos xa non saben a que xogar nos recreos."

Mito

Saben xogar. O que falta son propostas, materiais e zonas que lles permitan facelo. Se só hai asfalto e pelota, só poden facer iso.

02

"Sen zonas diferenciadas, sempre xogan os mesmos."

Realidade

Un patio sen zonificar reproduce desigualdades de xénero, idade e capacidade: os mesmos monopolizan o espazo; o resto, á marxe.

03

"Se organizamos o recreo, limitamos a súa creatividade."

Mito

Organizar non é dirixir. A zonificación amplía posibilidades: sen marco, só caben os xogos dos líderes do grupo.

04

"O patio é responsabilidade de toda a comunidade educativa."

Realidade

Non é só tarefa de EF nin de mestres de garda: profes, familias e alumnado constrúeno xuntos.

2 mitos + 2 realidades · Mitos que rompen a consistencia entre o que pensamos e o que facemos.

Consistencia · Bloque 01

A normativa protéxeos. A evidencia respáldanos.
Actúa o noso patio en consecuencia?

Bloque 02

O Recreo e o Xogo

O tempo de lecer como espazo de aprendizaxe, saúde e desenvolvemento integral

O tempo de lecer

O recreo: moito máis que un descanso

Segundo a Asociación Nacional para o Deporte e a Educación Física, o recreo é unha oportunidade para que o alumnado participe en propostas que fagan que desenvolva un corpo sán e gusto polo movemento.

Físico

Desenvolvemento motor, hábitos activos, combate o sedentarismo.

Social

Habilidades de vida real: resolución de conflitos, cooperación, socialización.

Emocional

Habilidades sociais, cognitivas e emocionais desenvolvidas en liberdade.

Valor do xogo no recreo

O patio: un dos mellores espazos para o desenvolvemento integral

🏃

Xogo libre

Estimula a creatividade e a resolución de problemas de xeito autónomo

🤝

Xogar con outros

Desenvolve empatía, habilidades sociais e resolución de conflitos

💪

AF no recreo

A actividade física mellora a concentración e o rendemento na aula

Non é tempo perdido: é o momento no que as competencias sociais, emocionais e cognitivas se desenvolven de xeito natural

Por que precisan tempo de lecer?

6 razóns respaldadas pola ciencia

Máis eficientes

As nenas e nenos son máis eficientes nas súas tarefas diarias tras o recreo.

Estimulación cerebral

O movemento e o xogo activan áreas do cerebro fundamentais para o aprendizaxe.

Reduce estrés

Permiten reducir o estrés acumulado durante as horas lectivas.

Socialización

Constrúen comunicación e vínculos afectivos cos seus iguais.

Saúde física

Melloran a saúde física fuxindo do sedentarismo. OMS: 60 min/día de AF moderada-vigorosa.

Liberdade

Gozan de liberdade aplicando coñecemento en contextos reais e significativos.

Datos preocupantes

A realidade da actividade física escolar

80%
Do alumnado fai a súa AF exclusivamente no centro educativo
(Eurydice, 2013)
90min
Diminución dos minutos de AF entre os 8 e os 16 anos
(Estudo Pasos, 2019)
90%
Do tempo escolar en inactividade física nas aulas
(Hernández et al., 2010)

A AF realizada nos recreos amosa niveis baixos de actividade e intensidade, contribuíndo de maneira escasa ao cumprimento das recomendacións da OMS. (Grao-Cruces et al., 2018)

Reflexión

Saúde, seguridade… realidade?

Temos datos, temos lexislación, temos conciencia de que o recreo importa. E sen embargo, a maioría dos patios escolares seguen sendo espazos baleiros de asfalto.

Temos datos

Sabemos que o 80% da AF do alumnado ocorre no centro. Sabemos o impacto do espazo no rendemento.

Temos lexislación

RD 132/2010, NIDE, OMS, Convención dos Dereitos do Neno. O marco xurídico está claro.

Que nos falta?

Vontade colectiva, planificación participativa e acción coordinada do claustro.

Momento interactivo 2 de 3

Que lle falta ao patio do CEIP de Présaras para ser un espazo máis rico?

Sen filtros: todo vale. Aquí nacen os proxectos reais.

Consistencia · Bloque 02

Se o recreo é o mellor espazo para desenvolverse…
por que o deixamos ao azar?

Bloque 03

Patios DINS

D · I · N · S → Dinámicos, Inclusivos e Sostibles  |  "dins" = dentro, en galego

Dinámicos

Propostas vivas, zonas activas e xogo con sentido.

Inclusivos

Espazos para todas e todos, sen monopolios nin exclusións.

Sostibles

Natureza, sombras, auga e clima presentes no deseño.

Definición

A que nos referimos cando falamos de patios?

RAG

"Espazo descuberto, cerrado polos lados, ben no interior ou a carón dun edificio, ben entre varios edificios."

Espazo de referencia

"Espazo de referencia fundamental na vida das nenas e nenos."

Desenvolvemento integral

"Espazo que permite o desenvolvemento integral: movemento, linguaxe emocional, cognitivo e social."

Para que serve o patio?

Obxectivos dun Patio DINS

Fomentar estilos de vida saudables

Xogo activo, actividade física, desenvolvemento emocional, empatía, solidariedade, liberdade e paz mental.

Aprender e ensinar

Contorno para aprender e ensinar. Patio como ferramenta pedagóxica e o xogo como potente recurso.

Contorno sostible

Espazos sostibles, concienciar sobre cambio climático, incrementar biodiversidade e dinamismo natural.

Desenvolvemento social positivo

Reducir conflitos mediante dinámicas. Crear zonas con distintos usos e facilitar o respecto polo contorno.

Patio dinámico

Que entendemos por patio dinámico?

🎯
Variedade de xogos e deportes para todos os gustos
🏃
Exercicio físico no horario lectivo do recreo
Alternativas para o tempo libre estruturado
👥
Habilidades sociais e traballo en equipo
📋
Roles de traballo con encargados/as
🕊️
Coeducación e redución de conflitos
Patio inclusivo

Patio inclusivo: espazos para todas e todos

Crear espazos durante o tempo de lecer para que todo o alumnado faga actividades do seu interese. O centro debe ofrecer diferentes xogos e facelos accesibles a todas e todos.

Zona de información

Información detallada: normas, roles, actividades dispoñibles…

Zona tranquila

Zonas de calma, descanso e interacción social.

Zona semi-activa

Espazos de intensidade moderada e versatilidade.

Zona activa

Espazos para actividades de alta intensidade.

Consistencia · Bloque 03

Sabemos como debe ser un Patio DINS.
E o noso, estao sendo?

Bloque 04

Patios Sostibles e Naturais

O patio como espazo de contacto coa natureza e respecto polo medio ambiente

Realidade e necesidade

O afastamento da natureza: un problema real

Realidade

  • Nenas e nenos xogan menos no exterior
  • Menor contacto coa natureza
  • Abuso das novas tecnoloxías
  • Medo por parte dos pais
  • Pouco respecto pola natureza
  • Cambio climático

Necesidade

  • Reflexionar sobre importancia da natureza
  • Adaptar espazos ás necesidades do alumnado
  • Saber que cambio precisamos para mellorar
  • Concienciar sobre o cambio climático
Patio sostible e natural

O cambio climático e o patio escolar

O cambio climático é unha realidade e un dos principais retos do século XXI. O clima está cambiando rápida e perigosamente, expoñendo riscos en saúde e medio ambiente.

Adaptar o centro

  • Crear sombras naturais
  • Reducir a radiación solar
  • Baixar a temperatura ambiental
  • Absorción da calor dos materiais
  • Concienciar ao alumnado
+1,1°C
Temperatura media global por riba dos niveis preindustriais. O planeta necesita accións concretas hoxe.
O noso modelo

Patios Dinámicos, Inclusivos e Sostibles

Dinámicos

Con propostas variadas, materiais accesibles, roles do alumnado e actividade organizada no recreo.

Inclusivos

Espazos para todas as nenas e nenos, adaptados á diversidade de intereses, capacidades e idades.

Sostibles

Con natureza, materiais reciclados, sombras, horto, elementos que conectan co medio ambiente.

Consistencia · Bloque 04

O planeta pide natureza.
Que lle ofrece o noso patio?

Bloque 05

As Zonas do Patio

Catro zonas · Catro ritmos · Un só patio

Información

Tablón, normas, roles e encargados/as.

Tranquila

Lectura, bibliopatio, horto, descanso.

Semi-activa

Equilibrios, xogo libre, estruturas.

Activa

Deportes, rocódromo, pistas, alta intensidade.

Zona de Información

O tablón que organiza o patio

Tablón en funcionamento

Zonas, roles, superliga saudable, normas e actividades — todo visible para o alumnado.

Roles semanais

Encargados/as por zona que rotan cada semana.

Normas visibles

Acordos do claustro e do alumnado, consensuados.

Actividades do día

Que hai dispoñible en cada zona, actualizable.

Zona Tranquila

Calma, natureza e liberdade

Zona relax: céspede, bancos e calma

Espazo para descansar, conversar e gozar do aire libre sen actividade intensa.

Toldo, mesa e céspede
Cabana de ramas · xogo simbólico
Bibliopatio · lectura ao aire libre

Descanso · Lectura · Horto · Estanque · Paredes sensoriais

Zona Semi-activa

Equilibrios, versatilidade e xogo sensorial

Equilibrios e movemento moderado

Slackline, barras, patíns de equilibrio — actividade física con versatilidade e control.

Areeiro · xogo sensorial e simbólico
Materiais reciclados · custo mínimo
Escenario e muro musical

Topografía lúdica · Estruturas libres · Cociña de barro · Slackline

Zona Activa

Deporte, escalada e alta intensidade

Estruturas de alta intensidade

Telarañas, rocódromos, estruturas de corda — retos físicos para o alumnado.

Pistas polideportivas

Céspede artificial ou asfalto pintado para deportes colectivos.

Rocódromo exterior

Parede de escalada integrada na arquitectura do centro.

Pavillón e barras

Pavillón durante o recreo + circuíto de equilibrios e habilidades.

Rocódromo · Multideporte · Circuítos dirixidos · Pavillón

Exercicio rápido · 5 min

Sinalade nunha foto do voso patio unha zona morta

Un espazo onde ninguén vai. Ou onde sempre van os mesmos. Ou onde hai conflitos recorrentes.

1 · Amosade

Se trouxestes foto das misións de campo, móstrase. Se non, describide onde está.

2 · Por que está morta?

Sen sombra? Sen material? Sen proposta? Só espazo de paso?

3 · Que zona podería ser?

Tranquila? Semi-activa? Activa? Información? Cal encaixaría?

Isto vai ser material vivo para o taller do día 2.

Consistencia · Bloque 05

Todos os nenos no mesmo espazo.
Pero non todos precisan o mesmo xogo.

Bloque 06

Actividades, Xogos e Deportes

Propostas concretas para encher de vida o patio do CEIP de Présaras

Zona activa · Competicións

Competicións deportivas no recreo

Liga interna do patio con formatos reducidos que permiten máxima participación e rotación de equipos.

Deportes de raqueta

  • Tenis de mesa
  • Bádminton
  • Pickleball

Deportes colectivos

  • Fútbol sala / Fútbol 7
  • Voleibol (4x4)
  • Baloncesto 3x3
  • Balonmán (4x4)
Deportes alternativos

Novos xogos para novos recreos

👆 Fai clic nun deporte para ver a descrición
Zona tranquila · Xogos de mesa

Xogos de mesa para o recreo

Estratexia

  • Xadrez xigante
  • Damas
  • Parchís
  • Rush Hour, Chocolate Fix
  • Escape room

Cartas e palabras

  • Uno, Skyjo, Virus
  • Taboo, Scrabble
  • Trivial, Smart 10
  • Dobble xigante

Construción

  • Jenga XXL
  • Puzzle xigante
  • Cluedo, Brains

Acción

  • Stacking (vasos)
  • Tic Tac Boom
  • Dobble xigante exterior
Zona tranquila · Obradoiros

Obradoiros creativos no recreo

👆 Fai clic nun obradoiro para ver a descrición
Zona tranquila · Arte e Música

Recre-Arte: arte e música no recreo

👆 Fai clic nunha actividade para ver a descrición
Elementos físicos · Zona activa

Estruturas, casiñas e xogo simbólico

👆 Fai clic nunha estrutura para ver a descrición
Elementos pintados e construcións

Recunchos e construcións no patio

👆 Fai clic nun elemento para ver a descrición
Infraestrutura · Sostibilidade

Sombras: imprescindibles no patio

Toldos, pérgolas, árbores de folla caduca, velas tensadas… Protección solar e confort térmico para o alumnado.

Consistencia · Bloque 06

Un espazo sen propostas é só un patio.
Queremos un patio… ou un Patio DINS?

Bloque 07

Traballo por Proxectos

PDI · Proxecto Documental Integrado · Metodoloxía para facer do patio un proxecto real

Marco curricular

O traballo por proxectos no currículo

Os centros docentes dedicarán un tempo do horario lectivo á realización de proxectos significativos para o alumnado e á resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

PDI

Proxecto Documental Integrado

1 · Proxecto

Conxunto de tarefas baseadas na resolución de preguntas ou problemas a través da implicación do alumnado en procesos de investigación, culminado cun produto final.

2 · Documental

ALFIN/AMI (Alfabetización en información). Tarefa necesaria na escola: saber localizar, tratar e comunicar información.

3 · Integrado

Implicación de todas as áreas do coñecemento, todo tipo de documentos e toda a comunidade educativa.

PDI · Metodoloxía

Os pasos do Proxecto Documental Integrado

1

Que queremos facer?

Motivación inicial e elección do tema.

2

Ideas previas

Que sabemos xa? Mapa de coñecementos.

3

Que queremos saber?

Preguntas que guiarán a investigación.

4

Que podemos facer?

Planificación de accións e recursos.

5

Produto final

Visibilidade e presentación ante a comunidade.

Referente · CEIP Coirón-Dena

Dena Activa: un exemplo a seguir

O CEIP Coirón-Dena (Meaño) desenvolve desde 2024 o proxecto Dena Activa: espertares máxicos, descansos activos, patios dinámicos, fruitcounter, mochila sá, método HERVAT…

Healthy Super League

Superliga de propostas saudables entre as clases do colexio. Cada grupo compite por manter os mellores hábitos de saúde.

Healthy Champions League

Proposta sobre consumo de froita a nivel galego. Iniciativa que promove a alimentación saudable en centros educativos.

Referente · CEIP Coirón-Dena

Dena Activa 25/26: o sistema de empresas

Proxecto de aprendizaxe experiencial onde o alumnado xestiona empresas virtuais usando a moeda do centro: os Lites.

🏦
Banco: xestión de aforro e ingresos
🕵️
FBI: fiscalización e control das normas
🏪
Tenda: compra de materiais con Lites
🏋️
Ximnasio: retos físicos semanais
💚
Psicoloxía emocional: benestar do equipo
💰
Moeda Lite: motivación interna
Consistencia · Bloque 07

Os Patios DINS non se improvisan.
Proxéctanse.

Taller 1 · Fin día 1 · 10 min

O voso patio soñado

Sen orzamento. Sen límites. Como imaxinades un Patio DINS ideal para Présaras? Un recuncho, unha zona, un material… o que máis vos emocione.

1 · 5 min · Individual

Debuxade ou escribide en un post-it. Só unha idea: a que máis vos emociona.

2 · 5 min · Común

Cada un comparte a súa. Pegámola no mural. Saen patróns?

3 · Por que?

Conectar a teoría co desexo. O día 2 partimos do que saia aquí.

Entre a sesión 1 e a 2

Misións de campo: traédeas feitas o día 2

Escolle 2 das 4. Non é unha tarefa académica: é traer o patio real á aula no próximo día. Serán o punto de partida do taller práctico.

01 · Observación guiada dun recreo

Un recreo enteiro observando co rúbrica que vos dou:
• Quen xoga? Quen non?
• Onde se crean conflitos?
• Hai zonas mortas? E zonas saturadas?
• Hai monopolio de espazo (fútbol, por exemplo)?

02 · Entrevistas breves ao alumnado

5 nenas/nenos de idades distintas, 3 preguntas:
• Que é o que máis che gusta do patio?
• Que cambiarías?
• A que xogarías se puideses?
30 segundos cada unha. Grava con voz ou escribe.

03 · Foto-ensaio do patio

3-5 fotos durante un recreo (sen caras):
• Espazos en uso
• Espazos baleiros
• Conflitos ou acumulacións
Cada foto debe contar algo: "aquí pasa X, aquí non pasa nada".

04 · Voz das familias

Pregunta a 2-3 familias:
"Que patio soñaría o teu fillo/filla?"
Unha resposta chega. As familias vense pouco na formación e é a súa voz tamén.

Non preparedes nada bonito: só real. No próximo día traballámolo.

Fin do día 1

Ata o próximo día.

Hoxe vimos que é e por que.
O próximo día construímos o voso.

Día 2 · 2h

Como aquí.

Teoría á parte. Hoxe deseñamos o patio DINS de Présaras.

Recap misións de campo · Taller de deseño · Compromiso

Parte práctica

CEIP de Présaras

Análise, deseño e transformación do noso patio · Vilasantar · A Coruña · 2025

Momento interactivo 3 de 3

Con que zona empezariades vós no CEIP de Présaras? Por que?

Esta conversa vai orientar a parte práctica que vén a continuación.

Xestión do patio · Interactivo

Que encargados/as queredes na vosa dinámica?

Premede para marcar os roles que probaríades en Présaras. Os destacados son os que xa funcionan no meu cole (CEIP Coirón-Dena).

Coirón Dena

Secretario/a

Anota o nº de xogadores na tarxeta de cada zona.

Coirón Dena

Seguridade emocional

Regula o estado dos compañeiros mentres xogan.

Coirón Dena

Hixiene ambiental

Comproba o estado das zonas de xogo (lixo, orde).

Coirón Dena

Material

Colle e recolle o material dos xogos cada recreo.

Árbitro/a

Da zona activa: respecto das normas e quendas.

Mediador/a de conflitos

Resolve disputas entre compañeiros sen adultos.

Ecopatrulla

Coida vexetación, hortos e zonas verdes.

Bibliopatio

Xestiona libros e xogos tranquilos da zona de relax.

0 de 8 seleccionados
Mans á obra · Grupos en Canva

Dividímonos para crear os paneis do voso patio

Mesmo arquivo de Canva, distintas funcións por grupo. Os paneis pegaranse na zona de información do patio.

1

Panel de encargados

Que é: mostra quen ten cada rol esta semana.

Contén: os roles que escollestes.

Onde vai: zona de información.

só con secretario 2

Panel de participación

Que é: lista para anotar cantos xogan en cada tarxeta de zona.

Para: seguir a participación semanal por zona.

3

Panel rotativo + tarxetas

Que é: primeira ronda de tarxetas de xogo + panel coa rotación das clases por zonas.

Para: pór en marcha a dinámica desde o luns.

Que recollestes?

Misións de campo: poñámolas en común

Antes de pasar ao DAFO, falamos do que recollestes co voso patio real. A rúbrica de observación é o noso punto de partida.

01

Observación dun recreo

Quen xoga, quen non. Conflitos. Zonas mortas vs saturadas. Monopolio de espazo.

02

Entrevistas ao alumnado

Que lles gusta. Que cambiarían. A que xogarían se puidesen.

03

Foto-ensaio do patio

Espazos en uso, baleiros, conflitos. Onde pasa cousas e onde non.

04

Voz das familias

"Que patio soñaría o teu fillo/filla?" 2-3 respostas reais.

10-12 min de posta en común. Todo o que digan irá ao DAFO da slide seguinte.

CEIP de Présaras

Vista aérea do noso centro

O espazo exterior en forma de L que imos transformar xuntos

Bloque 09

Parte Práctica:
O Noso Patio

CEIP de Présaras · Vilasantar · Análise DAFO e deseño participativo das zonas

Dinámica en directo · 15 min

DAFO do patio de Présaras

Ides dicindo, eu vou escribindo. Non hai resposta errada. As ideas que saian guiarán o taller.

💪 Fortalezas

⚠️ Debilidades

🚀 Oportunidades

🔥 Ameazas

Taller 2 · Día 2 · 50 min

Deseñamos xuntos o voso patio DINS

Sen grupos pequenos: todo o claustro decide en plenario sobre o DAFO + as misións + o que xa sabemos. Marcamos en directo na foto aérea e no boceto.

1

Recap do DAFO · 10 min

Que sacamos: 3 fortalezas e 3 debilidades clave do voso patio.

Por que: ancorar as decisións nos datos reais, non nas intuicións.

2

Zonificación en directo · 25 min

Onde: primeiro foto aérea (pincel libre), despois boceto con celas.

Como: ides dicindo, eu vou pintando. As 4 zonas: Información, Tranquila, Semi-activa, Activa.

3

Borrador final · 15 min

Que: consensuamos o reparto, axustamos discrepancias.

Resultado: primeiro borrador do voso patio DINS para empezar o luns.

Material: proxector + rato/dedo · foto aérea e boceto da slide seguinte · DAFO en pantalla como referencia

Agora tócavos a vós

Deseñámolo xuntos.

Con todo o visto: foto real para marcar con pincel + boceto con celas para pintar zona por zona. O voso patio DINS, cociñado polo claustro.

Taller · Vista real · pincel libre

Marcade zonas sobre a foto aérea

Grosor
Vista aérea CEIP de Présaras

Elixe cor + grosor, despois debuxa libre sobre a foto (rato, dedo ou lápiz).

Taller · Boceto · grella de celas

Pintade zona por zona no boceto

Elixe unha cor
RECINTO · CEIP DE PRÉSARAS Edificio Pavillón Pista + Areeiro ↑ entrada N

Elixe unha cor e clica as celas que queiras pintar. Repite clic coa mesma cor para despintar. "Limpar" borra todo.

Compromiso mínimo viable · 10 min

Que empezamos o luns?

Sen esperar orzamento. Sen esperar reforma. 3 accións concretas que o claustro se compromete a empezar a vindeira semana.

1 · Unha pequena

Algo que podades facer sen permiso. Ex: sacar os xogos de mesa ao recreo o luns, marcar no chan unha zona tranquila con cinta.

2 · Unha mediana

Algo que precise acordo do claustro nunha semana. Ex: rotación de encargados/as de patio, tablón de información na entrada.

3 · Unha grande

Algo que leve un mes/trimestre. Ex: asemblea co alumnado, orzamento para sombras, pintar o patio por zonas.

Escribide cada compromiso nun post-it co nome do responsable e a data. Foto ao final.

Avaliación rápida · 5 min

Antes de pecharmos…

3 preguntas rápidas. Respondede oralmente ou nun papel.

01 · Que te levas?

Unha idea concreta da formación que che quedou gravada.

02 · Que dúbida queda?

Algo que non está resolto ou que che xera inseguridade.

03 · Que farías distinto se a deses ti?

Para mellorar as próximas formacións do profesorado.

Se preferides anonimato, deixade o papel na mesa. Eu recóllooos sen mirar quen escribiu que.

Agora:
mans á obra

A teoría xa a temos. Imos deseñar xuntos o patio do CEIP de Présaras: zonas, materiais e espazos reais. O patio é voso.

CEIP DE PRÉSARAS · VILASANTAR · 2025
DIEGO FRAGA · MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA
PATIOS DINS · DINÁMICOS · INCLUSIVOS · NATURAIS · SOSTIBLES